O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a modificación promovida pola Consellería de Sanidade á Lei de saúde. O titular do departamento, Antonio Gómez Caamaño, sinalou que con este paso a Xunta amosa o seu firme apio e protección aos profesionais da sanidade fronte ás agresións.

