Unha muller quedou ferida esta mañá en Outes tras sufrir un accidente de tráfico. O vehículo no que circulaba envorcou e acabou caendo nunha leira. En concreto, o sinistro produciuse na estrada que conecta Barreira con Ceilán, á altura do lugar de Tarás.
