A Casa da Cultura de Lousame encheuse o sábado pola mañá onde se presentou de forma oficial a campaña “Zernadas de Castro 27”. O concello busca con ela promover ante a Real Academia Galega a candidatura do cura de Fruíme como homenaxeado no día das Letras Galegas do 2027, coincidindo co 250 aniversario do seu pasamento.

