Analizar e impulsar o tecido empresarial da comarca do Barbanza eran dúas das metas da xornada impulsada pola Asociación de Empresarios da Pobra na que se achegaron ferramentas para, sobre todo, promover a remuda xeracional en sectores como o marítimo-pesqueiro. Unha actividade chea de alternativas e que leva marcando a economía local dende hai moitos anos, aínda que na actualidade as persoas non apostan tanto por este sector. Para afondar nos súas posibilidades estiveron o conselleiro de Emprego, José González, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, no teatro cine Elma.

