Esta mañá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Política Social, Fabiola García, asistiu á inauguración da nova residencia de maiores municipal María Puga Martínez, en Xunqueira de Ambía. O titular do Executivo autonómico destacouna como exemplo de compromiso do Goberno galego co rural para que todas as persoas poidan ser coidadas nos seus municipios.

