A casa parroquial de Noia foi o lugar escollido para dar a coñecer a programación da Semana Santa da vila noiesa. Trátase dunha celebración de gran importancia segundo recoñeceu o párroco, José Ortoño, quen recordou que os actos que se desenvolven neste período atraen a un gran número de visitantes.

