O Pazo do Hórreo volveu acolleu unha nova sesión do pleno do Parlamento de Galicia, onde os partidos da oposición lanzaron preguntas ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afondando nas políticas de vivenda autonómica e nos proxectos industriais.
O portavoz do PSdeG, José Ramón Besteiro, iniciou o pleno preguntando ao rexedor sobre a situación da vivenda en Galicia. Expuxeron as medidas que os socialistas creen que debe adoptar a Xunta para garantir un acceso real da cidadanía, sobre todo dos máis mozos, a unha vivenda digna.

