Esta mañá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a cooperativa agroalimentaria Aira, situada en Taboada, Lugo. Nese escenario o titular do Executivo autonómico reafirmou o seu apoio ao sector primario nun momento clave, coa entrada en vigor do tratado da Unión Europea con Mercosur e co debate da futura Política Agraria Común (PAC).

