O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este mes de febreiro que o Goberno galego investirá 2.000 millóns de euros ata o 2030 para acadar un parque de 10.000 vivendas públicas. A conselleira da área, María Martínez Allegue, puxo en valor a aposta do Executivo autonómico para contar con estas edificacións e aumentar a oferta.

