O Concello de Noia presentou esta mañá unha serie de actuacións de mellora no Campo de Fútbol Municipal Julio Mato, cun investimento total que rolda os 60.000 euros. Entre as actuacións máis relevantes destaca a instalación dun sistema de aerotermia para mellorar a eficiencia enerxética e garantir o subministro de auga quente nos vestiarios.

