O Pazo do Hórreo volveu a acoller unha nova sesión do pleno do Parlamento de Galicia, momento que os partidos da oposición lanzaron preguntas ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afondando no financiamento aos concellos e no paralizado proxecto industrial de Altri.
O portavoz do PSdeG, José Ramón Besteiro, iniciou o pleno acusando ao presidente da Xunta de agravar os problemas de acceso á vivenda e de manter unha relación de subordinación aos concellos. Besteiro denunciou que o número de inscritos no rexistro de demandantes de vivenda pública segue aumentando e criticou que a Xunta traslade competencias impropias ás administracións locais sen garantir o financiamento suficiente.

