Recentemente a Xunta puxo o punto e final á polémica macrocelulosa que Altri proxectaba en Palas de Rei. O Executivo galego denegoulle a Autorización Ambiental Integrada, decisión tomada logo de meses de protestas contra este proxecto, moi criticado dende sectores políticos, sociais e ecoloxistas. O goberno de Alfonso Rueda apuntou ao Executivo central ao non prever a conexión eléctrica da planta, indispensable para o seu funcionamento. O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou que o día deste anuncio foi un día feliz para Galicia.

