19 noviembre, 2026
Image default

A XORNADA CONTINUA É XA MAIORÍA EN MOITOS CENTROS PÚBLICOS DE INFANTIL E PRIMARIA EN ESPAÑA

A xornada compactada escolar, que abrangue o horario de 9:00h da mañá e 14:00h da tarde e que deixa as tardes sen actividade lectiva, é a fórmula maioritaria en España na organización das clases.
Segundo distintos investigadores en política educativa, non existen evidencias científicas sólidas que demostren que a xornada compactada mellore o rendemento académico. Algúns advirten que a atención do alumnado diminúe nas últimas horas da mañá, o que podería afectar ás clases nos centros con horario intensivo.
Con todo, dase lugar así a un debate aberto entre os diversos expertos, profesores e incluso as familias dos rapaces.
Na comarca do Barbanza, hai moitas familias que se mostran máis a favor da xornada compactada alegando diversas razóns, como a conciliación familiar.

Related posts

O MEXILLÓN REDUCE A SÚA CALIDADE DESPOIS DO VERÁN

CloudyX

A FEDERACIÓN GALEGA DE NATACIÓN BUSCA LÍDER

CloudyX

OS EQUIPOS DE EMERXENCIAS DA COMARCA INCREMENTAN AS SÚAS SAÍDAS POLAS INCIDENCIAS REXISTRADAS CO ARRANQUE DO MAL TEMPOOS EQUIPOS DE EMERXENCIAS DA COMARCA INCREMENTAN AS SÚAS SAÍDAS POLAS INCIDENCIAS REXISTRADAS CO ARRANQUE DO MAL TEMPO

CloudyX