O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, visitou esta mañá as instalacións do Grupo Ghenova, en Ferrol, onde está dende hai máis de dúas décadas. O presidente da Xunta agradeceu a súa aposta por Galicia e o seu impulso pola innovación, sostibilidade, dixitalización e creación de emprego cualificado.

