Onte e esta mañá púxose en marcha un dispositivo de busca por varias zonas de Rianxo pola desaparición dun veciño de Noia. Hoxe, arredor do mediodía, localizouse sen vida o seu corpo no río Té logo de dous días sen ter noticias del. Patrullas da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil estiveron explorando a zona do Araño, preto dunha área recreativa na que se localizara o coche do desaparecido, ata que se deu co seu cadáver.

