17 noviembre, 2026
Image default

O PATRÓN MAIOR DE NOIA URXE UN PLAN DE BALEIRADO DE ENCOROS PARA PROTEXER O MARISCO

A mortaldade do recurso dos bancos marisqueiros de Testal incrementouse logo do tren de borrascas que protagonizou o mes de xaneiro e as primeiras semanas de febreiro. O descenso da salinidade provocou a morte do 60% do marisco na zona intermareal e entre un 15 e un 20% no resto, polo que a confraría noiesa non ve moi viable que se retome a campaña marisqueira o 2 de marzo. O patrón maior de Noia, Santiago Cruz, fai un novo chamamento para contar cun protocolo de baleirado de encoros para que a mortaldade do recurso non sexa tan elevada.

Related posts

A GALA DE ENTREGA DE PREMIOS PUXO O PUNTO E FINAL A UNHA NOVA EDICIÓN DA MOSTRA DE CURTAS DE NOIA

CloudyX

NOIA EXALTARÁ O SEU BERBERECHO DO 26 AO 29 DEE NOVEMBRO

CloudyX

NOIA SOMÉRXESE NO AUDIOVISUAL CUNHA NOVA EDICIÓN DA SÚA MOSTRA DE CURTAS

CloudyX