18 noviembre, 2026
Image default

O Goberno quere prohibir o acceso ás redes sociais aos menores de 16 anos

O anuncio fíxoo o presidente Pedro Sánchez durante unha intervención internacional e pretende dar resposta á crecente preocupación social polo impacto das redes nos menores. Segundo o Executivo, o obxectivo é garantir un espazo dixital máis seguro, evitando situacións de abuso, exposición a contidos prexudiciais ou dinámicas aditivas.
A futura regulación obrigará ás plataformas a implantar sistemas efectivos de verificación da idade, de xeito que non abondará con declarar unha data de nacemento falsa para acceder ás redes. Ademais, as empresas pasarán a ter responsabilidade legal directa se non cumpren as ordes de retirada de contidos ilícitos, como mensaxes de odio ou material ilegal.
Desde o ámbito educativo, a medida está a ser maioritariamente ben recibida, xa que existe unha preocupación crecente polo uso intensivo das redes entre menores. Aínda que existen dúbidas sobre como se fará realmente efectiva esta limitación.

Related posts

O PSDEG REIVINDICOU EN AMICOS O DEREITO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE A PARTICIPAR NA VIDA POLÍTICA

CloudyX

A GARDA CIVIL DESMANTELOU UN GRUPO ESPECIALIZADO EN ROUBOS CON FORZA E VIOLENCIA

CloudyX

A FLOTA DO CERCO DE PORTOSÍN MANTÉN A SÚA ACTIVIDADE GRAZAS AO XURELO

CloudyX