A ANPA do CEP Brea Segade de Taragoña convocou hoxe unha concentración de protesta fronte ao centro educativo. O obxectivo é deixar claro que non aceptarán ningún retroceso nos recursos acadados tras dous anos de mobilizacións.
As familias reclaman blindar o profesorado conseguido, incluído o reforzo do persoal especialista en Audición e Linguaxe para mellorar a atención á diversidade.

