0 O BNG volveu poñer o foco na situación das antigas minas de San Finx, en Lousame. Nunha rolda de prensa, anunciaron o rexistro dunha iniciativa no Parlamento galego para reclamar á Xunta medidas inmediatas de restauración e seguridade.