San Caetano acolleu esta mañá un novo Consello da Xunta. O Goberno galego tratou diferentes temas, un dos máis destacados foi no eido sanitario. Este mes de febreiro porase en marcha a Rede de psicólogos clínicos en atención primaria coa incorporación de 21 novos profesionais. Para iso o Executivo realizará un investimento de 1,5 millóns de euros, para dotar ao primeiro nivel asistencial do Sergas de especialistas en psicoloxía clínica.

