A sesión do Parlamento de Galicia celebrada onte debateu sobre unha problemática que preocupa ao sector do mar: a entrada en vigor do novo Regulamento de Control. A deputada do BNG, Rosana Pérez, quixo coñecer as actuacións previstas pola Xunta para evitar as consecuencias negativas deste regulamento na flota artesanal galega. E afirmou que o PP foi o que aprobou este regulamento a nivel europeo no 2018.

