O sector automobilístico leva anos nunha montaña rusa. A falta de materiais afectou as súas vendas hai uns anos, e a inflación tampouco axudou a que os condutores deran o paso para renovar o seu vehículo. Pero despois de anos con altos e baixos, o 2025 foi un exercicio que deixou boas cifras nos concesionarios da comarca.

