O acordo contempla dous novos permisos. O primeiro, de ata 15 días laborables, permitirá acompañar a familiares en coidados paliativos. O segundo será dun día para acompañar unha persoa no proceso de eutanasia, mesmo sen necesidade de vínculo familiar.
Ademáis, búscase ampliar o permiso por falecemento dun familiar, que pasaría dous días actuais a un máximo de dez, e que poderá repartirse ao longo das catro semanas posteriores ao falecemento. Unha medida que, para moitos, resulta ser algo alentador.

