O ouro non coñece teito. En apenas doce meses revalorizouse máis dun 80 %, mentres que a prata acada máximos nunca vistos. Unha situación límite para moitos talleres, nos que o custo da materia prima representa ata a metade dos gastos.
Os expertos sinalan como causas a debilidade do dólar, a incerteza económica global e a compra masiva de ouro por parte dos bancos centrais, onde o papel de China é especialmente importante.

