A Mancomunidade Barbanza Arousa aproveitou a súa presenza en FITUR para dar a coñecer unha nova proposta de posicionamento turístico baixo o lema “Barbanza Arousa, unha viaxe a través da historia dos sabores”. Un Proxecto que sitúa a enogastronomía e aos produtores locais como eixos fundamentais do desenvolvemento turístico do territorio.

