18 noviembre, 2026
Image default

Ministerio e sector pesqueiro acordan flexibilizar o regulamento de control

A Secretaría Xeral de Pesca viviu onte unha intensa xornada. Foi o lugar escollido para celebrar a reunión cos representantes da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores e a Confederación Española de Pesca onde os profesionais expuxeron as dificultades que se atopan para aplicar as últimas medidas que entraron en vigor o 10 de xaneiro do Regulamento de Control da Pesca. Normas como avisar con dúas horas e media de antelación a chegada a porto ou pesar a bordo as capturas cumprindo un determinado marxe de erro para evitar sancións eran dous dos puntos máis polémicos. Os pescadores puxéronas sobre a mesa e acadáronse acordos coa secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, e os representantes do Ministerio.

Related posts

O PSDEG REIVINDICOU EN AMICOS O DEREITO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE A PARTICIPAR NA VIDA POLÍTICA

CloudyX

A GARDA CIVIL DESMANTELOU UN GRUPO ESPECIALIZADO EN ROUBOS CON FORZA E VIOLENCIA

CloudyX

A FLOTA DO CERCO DE PORTOSÍN MANTÉN A SÚA ACTIVIDADE GRAZAS AO XURELO

CloudyX