A solidariedade está a chegar dende toda España logo do tráxico accidente ferroviario que se viviu na tarde de onte en Adamuz, Córdoba. O descarrilamento dun tren de alta velocidade deixou alo menos 39 vítimas mortais e máis de 150 feridos e esta mañá repetíronse as mostras de solidariedade por todo o termo nacional. En Galicia, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e membros do Goberno autonómico participaron nun minuto de silencio en Santiago.

