A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo esta mañá unha reunión cos presidentes da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e das federacións provinciais, na sede da Consellería, en Santiago de Compostela.
Durante o encontro, Villaverde reiterou o respaldo do Goberno galego ao sector nas protestas contra o Regulamento de Control da Pesca e lembrou que a Xunta xa presentara alegacións en 2024 advertindo das dificultades que a norma ía supoñer para a pesca artesanal.

