Outes

O Colexio de Arquitectos de Galicia premia arquitecturas “sensatas, atentas á paisaxe e á tradición e proxectadas cara ao futuro”

Os Premios COAG, fallados e entregados en Ourense, destacan propostas de Cabanas, Santiago, Allariz, Outes, A Coruña, Riveira, Baiona e Noia

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebrou a Gala da XVII edición dos Premios do Colexio de Arquitectos –Premios COAG–, onde se concederon as distincións ás mellores obras arquitectónicas e urbanísticas de Galicia. O acto celebrouse no Teatro Principal de Ourense (rúa Paz nº 9), e consistiu nun recoñecemento a todos os profesionais que participaron nos proxectos premiados.

Os membros do xurado sinalaron a “gran calidade” das propostas, a “excelencia” das premiadas e a importancia de todas as participantes nesta convocatoria dos premios, e de que ningunha pode ser considerada “irrelevante ou mediocre”. Indicaron tamén que o número e nivel das obras achegadas directa e libremente polo autores evidencia a “altura intelectual do discurso da arquitectura galega do século XXI”, na plenitude dunha crise especialmente “devastadora e persistente” para o sector da edificación.

O premio especial á traxectoria profesional, entregado polo arquitecto de O Carballiño Manolo Gallego Jorreto, foi para Xosé Xavier Suances Pereiro (Ourense, 1932), en recoñecemento ao seu exercicio profesional e con motivo da súa dilatada experiencia como colexiado,
Os Premios COAG recoñecen as mellores obras da arquitectura galega, visadas e executadas no ámbito territorial do Colexio de Arquitectos no último bienio, período correspondente a obras acabadas entre o 31 de xullo de 2014 e o 31 de xullo de 2016.

Ex Aequo

 Construción centro actividades mariñeiras e cabanas do barranco
Ousesende, Outes
Alfonso Salgado Suárez e Francisco Xabier Liñares Túñez (Salgado e Liñares, SLP)

 Miradoiro de Pedra da Rá
Monte Castro, Riveira
Carlos Seoane

 «Chic&Cheap»
Cruceiro de Barro, s/n. Noia
Martín Insua Calvo e José Barreiro Carreño

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.