O pasado sábado 10 de xaneiro entraron en vigor diferentes medidas para parte da flota pesqueira galega. As embarcacións de 12 a 15 metros están xa dentro do Regulamento de Control de Pesca impulsado pola UE, pero trátase dunha normativa non adaptada ás particularidades da pesca galega. Algo que veñen denunciando os profesionais, ao igual que a imposibilidade de implantar medidas como o pexase de todo o pescado e onde se capturou. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, vén de amosar o sentir da administración galega, posicionándose en contra deste regulamento.

