19 noviembre, 2026
Image default

A PARTIR DE MARZO, OS MENORES GALEGOS XA NON PODERÁN MERCAR NIN CONSUMIR BEBIDAS ENERXÉTICAS NIN TAMPOUCO VAPEAR

Conta atrás para a prohibición das bebidas enerxéticas e dos vapeadores entre a mocidade galega. A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia a nova Lei de protección da saúde das persoas menores, que entrará en vigor o próximo 7 de marzo.
A partir desa data, as persoas menores de 18 anos non poderán mercar, consumir, transportar nin portar bebidas enerxéticas, equiparadas legalmente ao alcohol. Tampouco poderán utilizar cigarros electrónicos, con ou sen nicotina, considerados unha das principais portas de entrada ao tabaquismo.
A norma define como bebidas enerxéticas aquelas que conteñen 32 miligramos ou máis de cafeína por cada cen mililitros, e baséase nas advertencias de institucións médicas que desaconsellan o seu consumo en idades temperás polos riscos para a saúde física e mental.
Os establecementos deberán colocar estes produtos en espazos diferenciados, separados dos refrescos, e estarán obrigados a comprobar a idade dos compradores. Ademais, os pais ou titores non poderán autorizar a súa compra para menores.
Na rúa, a maioría das persoas amósanse a favor da medida, especialmente polo seu carácter preventivo.

Related posts

O MEXILLÓN REDUCE A SÚA CALIDADE DESPOIS DO VERÁN

CloudyX

A FEDERACIÓN GALEGA DE NATACIÓN BUSCA LÍDER

CloudyX

OS EQUIPOS DE EMERXENCIAS DA COMARCA INCREMENTAN AS SÚAS SAÍDAS POLAS INCIDENCIAS REXISTRADAS CO ARRANQUE DO MAL TEMPOOS EQUIPOS DE EMERXENCIAS DA COMARCA INCREMENTAN AS SÚAS SAÍDAS POLAS INCIDENCIAS REXISTRADAS CO ARRANQUE DO MAL TEMPO

CloudyX