O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá xunto coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, a sede que Delta Vigo Aeroestructuras ten en Nigrán. Logo de reunirse co equipo responsable da firma e de coñecer as súas infraestruturas, o titular do Executivo autonómico puxo en valor o papel de empresas como Delta Vigo á hora de apostar pola innovación e consolidar a investigación feita en Galicia.

