O Concello de Noia mudou de inquilinos o pasado mes de agosto logo de que saíra adiante a moción de censura presentada por PSOE, En Marea, BNG e polo concelleiro non adscrito, Luis Alamancos. O grupo PP, que encabezou o anterior Executivo local, defendeu a súa xestión e bo traballo.

