A tranquilidade é a nota dominante estes días nos hoteis do Barbanza. Unha situación que se repite cada vez máis no Nadal e que leva a moitos negocios a baixar a persiana durante as festas.
Varios hoteis da comarca permanecen pechados durante estas datas, mentres que outros continúan abertos pero cunha ocupación moi baixa. Algúns hostaleiros aseguran que este Nadal está a ser incluso máis frouxo que en anos anteriores.

