Gómez Caamaño alertou hoxe sobre o impacto que está a ter a folga nacional contra a reforma do Estatuto Marco, que en tan só dous días paralizou máis de 27.000 asistencias sanitarias en Galicia. Durante un encontro telemático co xerente do Servizo Galego de Saúde e os responsables das áreas sanitarias, o conselleiro detallou que, no día de onte, a folga provocou a suspensión de 240 cirurxías, 730 probas diagnósticas, 6.800 consultas hospitalarias e 6.500 consultas de atención primaria, o que sumou un total de máis de 14.200 procesos suspendidos.

