A nova revalorización das pensións traerá consigo un aumento de 40 euros na pensión media de xubilación e de 25 euros na pensión media de viuvez. A partir de xaneiro, os pensionistas empezarán a ver os seus ingresos incrementados, pero, para moitos, a subida non resulta suficiente para facer fronte á inflación e ó elevado custo da vida.

