A toxina chegou con forza, afectando a un porcentaxe do 82% dos viveiros, mantendo completamente pechadas as bateas de Muros-Noia, Pontevedra, Vigo e Baiona. Apenas dous polígonos en Ares-Betanzos, seis en Arousa e o de Camariñas puideron seguir traballando.
Segundo o Intecmar, tres especies de fitoplancto tóxico están a provocar esta situación, que aínda está en fase ascendente. Advirten de que o pico aínda non chegou e que a recuperación pode tardar semanas nas zonas interiores das rías e ata meses nas exteriores.
O sector admite que está afeito a estes episodios, pero neste caso súmase outro problema: non hai vendas, nin para fresco nin para industria. Algúns bateeiros afirman que este ano o mexillón tiña pouca carne, e iso estaría a afundir a demanda.
Con todo, o sector mantense nunha situación de incertidume, agardando que a toxina comece por fin a descender.

