O presidente Alfonso Rueda destacou que a Xunta leva mobilizados 103 millóns de euros dede 2022 para apoiar aos concellos fronte ao chamado ‘tasazo’ da recollida e tratamento do lixo imposto polo Goberno central. Galicia é a única comunidade que ofrece estas achegar municipais, asumindo, só en 2025, o 60% da suba do canon de Sogama e destinando máis de 11 millóns en axudas directas a 170 concellos.

