Dende onte, luns, a Dirección Xeral de Tráfico realiza unha campaña especial de control e vixilancia do transporte escolar que rematará o venres 14. Baixo a coordinación da DXT, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil e as policías locais comprobarán que os autobuses e os condutores cumpran coa normativa que inclúe que os menores vaian acompañados por unha persoa debidamente cualificada nos desprazamentos. Campaña que os profesionais ven necesaria.

