A normativa pesqueira nacional contará con cambios para adaptarse aos requisitos da Unión Europea. O Consello de Ministros deu luz verde ao proxecto de lei de Control e Inspección e Réxime Sancionador, paso que marca o inicio da tramitación parlamentaria dunha normativa que ten que incluír os cambios fixados a nivel comunitario e o reforzo na loita contra a pesca ilegal. Norma que estudará a Consellería do Mar.

