Este ano a costeira da anchoa no Cantábrico Noroeste sufriu cambios que en ocasións foron en contra dos intereses dos pescadores galegos. O Ministerio de Pesca fixou un novo reparto, aínda que o definiu de experimental, non definitivo, e armadores do Barbanza amosaron unha vez máis o seu rexeitamento a esta medida.




