Tras anos sen desfrutar da experiencia completa, o Concello de Noia xa está listo para abrir as súas portas a unha das súas festividades máis emblemáticas e tradicionais: a VIII Festa do Berberecho. Levaranse a cabo os vindeiros xoves, 6 de novembro, e domingo, 9 de novembro, cunhas xornadas que buscan poñer en valor o produto estrela da ría, o berberecho noiés.

