O Agustín Mourís vibrará esta fin de semana coa oitava xornada da Primeira División de Fútbol Sala. O Noia Portus Apostoli recibe a visita do Servigroup Peñíscola logo dunha semana intensa de preparación despois de afrontar dous encontros lonxe da casa en apenas cinco días. Os noieses, que cederon nas súas visitas a Son Moix e Tudela, agardan volver a puntuar, sobre todo ante un rival directo na loita pola permanencia. Unha das metas branca é non recibir tantos goles.

