Deportes

O CLUB NATACIÓN BOIRO COMEZA FORTE A NOVA TEMPADA DA LIGA DE CLUBS CUN EXCELENTE TERCEIRO POSTO EN REDONDELA

Os boirenses destacaron nunha cita que reuniu a unha decena de equipos de toda Galicia e que promete moita emoción ata o final da competición.
Na proba de relevos de 4×50 estilos, o Boiro acadou dous podios no apartado feminino de primeiro e terceiro posto, e un segundo posto no masculino.
En total, o Club Natación Boiro sumou 507 puntos, quedando a tan só 13 segundos do segundo clasificado e a 24 do gañador. Un inicio esperanzador que reforza o bo momento da natación barbanzá.
Con estos resultados, o Club Natación Boiro deixa claro que quere loitar polos postos de cabeza nesta nova liga.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.