O 29 de outubro conmemórase o Día Mundial do Ictus, xornada coa que se busca conciencias sobre a importancia de actuar a tempo ante unha das principais emerxencias sanitarias que afectan á poboación. Esta mañá a Asociación Dano Cerebral Santiago estivo no hospital da Barbanza informando sobre esta doenza que é a primeira causa de discapacidade, en forma de dano cerebral, en España.

