O compromiso coa sustentabilidade tivo este martes o seu recoñecemento público. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou en Mos as Bandeiras Verdes de Galicia, un distintivo que premia ás administracións locais máis implicadas na protección do medio e do territorio.

