Para os optometristas, hoxe é un día especial adicado a un termo moi relacionado coa súa profesión: a visión. Por esa razón, os profesionais tentan concienciar á cidadanía sobre a importancia de coidar a saúde visual.
Entre as principais preocupacións, o aumento das miopías, especialmente entre a xente nova, debido ao uso excesivo de pantallas. Mais tamén, as persoas maiores deben prestar especial atención a enfermidades como o glaucoma, a DMAE ou a retinopatía diabética.»

