Esta semana, o Rotogal Boiro Voleibol enfrontará o seu primeiro partido da Superliga Masculina 2, a cal empezou fai unha semana. Veranse cara a cara co CID Jovellanos nun complicado encontro que terá lugar este sábado 12 de outubro, ás 12 da mañá, no Pabellón de la Arena, en Gijón. O equipo da comarca, dirixido por Chicho Alvés, chega con ilusión tras unha tempada positiva e con gañas de comezar con bo pé.

