Novo capítulo no panorama político de Ribeira. O portavoz do PBBI. Vicente Mariño, confirmou que onte el, Herminia Pouso e Fernando Abraldes foron destituídos dos seus cargos e denunciou que non puideron desaloxar os seus despachos. Ademais lamentou que ata se persoaran no concello axentes da Policía Local.

