O titular do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participou hoxe no acto de sinatura do convenio entre a Administración galega e a Universidade de Vigo que permitirá a rehabilitación e cesión dos dous edificios da antiga ETEA por un período máximo de 75 anos. Subliñou que este acordo reforza a vinculación da universidade coa cidade e coa sociedade galega ao transformar inmobles de alto valor simbólico en novos espazos ao servizo da docencia, a investigación, a creación cultural e o conxunto da cidadanía.

